domingo 11 de enero de 2009

AGS colabora con MJMG nun novo proxecto solidario



O MJMG pensa que poderiamos volver contar coa vosa inestimable axuda para conseguir cun colector, destinado á República Dominica, que do mesmo xeito que outros países do Caribe foi afectado polo furacán IKE. Sabemos que estamos atravesando unha época de apertarnos todos o cinto, pero seguimos sendo afortunados por poder manter a nosa vida cotiá sen moitos sobresaltos.
Pedímosvos un pequeno esforzo solidario con xente que necesita a nosa axuda e que ademais carece de todas as nosas posibilidades. Así queremos compartir con eles XOGUETES, COMIDA E MATERIAL ESCOLAR.
A súa idea é que o proxecto desenvólvase desde o mes de Decembro ata o mes de Xuño, cando contamos cargar o colector e poñelo rumbo á República Dominicana.

Para compartir as vosas achegas poderedes facelo:

a) no colexio "Tirso de Molina"

b) na Capela da Mercé, antes ou logo de cada eucaristía

c) na Confraría da Mercé, situada na rúa María 179 - 181 baixo


Contando de antemán coa vosa axuda recibide unha gran aperta e moito ánimo para conseguir este gran proxecto de solidariedade que nos propuxemos.