Xa abonda, xa é hora de que, as vítimas de malos tratos físicos e psicólogicos, si, deses que non vense, pero que te esnaquizan e anulan a túa personalidade aos poucos casí sen darche conta, digamos tamén ¡Xa abonda.!
Non.
Acabouse, porque nós sabemos, valemos e podemos e endexamais temos que convivir baixo o imperio, sometemento e desconfianza de ninguén.
Unha relación de parella axúdache a crecer, enriquécete, non destrúe, dáte seguridade, non temor.
Xa abonda de que te chamen cada 10 minutos e pregúntenche ¿onde estás e que fixeches, a ese de que o coñeces, quen é?,
Xa abonda de que te peguen, humíllen....Xa abonda!
Porque iso non é Amor...
O amor non engríe, é doce, xeneroso, comprensivo, cordial, sincero, respectuoso e tolerante, o amor é o motor da vida e para que iso funcione hai que empezar a quererse un mesmo, para poder amar aos demais. ¿A que esperas para quererte ? Si, ti....si,si a que se mente a se mesma todos os días e mente a todos os que te rodean.
Si, ti a que o dísculpa sempre... xa cambiará....
Non. Ti sabes que non é certo, cambia ti, quérete, dá un xiro radical á túa vida e empeza agora. ¿Veña a que esperas? ¿Diñeiro, fillos?
Ese é o menor dos problemas, hai toda a axuda do mundo para saír adiante.
Veña que tí podes, non teñas medo, abre os ollos.
¡Esperta! porque como ti non hai ninguén, Eres a mellor.
Mañá pode ser un fermoso día, todo depende de ti.
¡ Berra Liberdade!, Berra ¡Xa abonda.! O teu é o máis importante, non o esquezas nunca ¡Quérete! e non te sentas sóa, porque non o estás. Loita.
Se queres eu douche unha man, agarrate e empeza a camiñar, non mires atrás, non non o fagas, camiña, continua, moi ben... Ves díxenche que poderías.
Ves como sabes, podes e vales. ....se é que como a ti non hai ninguén
miércoles 26 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada